As redes sociais de masas

En canto ás redes sociais o panorama é diverso. Por defecto, ningunha delas impide a subida de contidos en galego nin, a priori, o algoritmo penaliza o seu uso. Se cadra, o problema será máis ben que ese algoritmo entenda a quen deben mostrar os vídeos.

Isto está a debate [1], pois non hai datos que o avalen.

No que si presentan problemas algunhas delas é no idioma do interface, o cal non está traducido, a tradución está incompleta ou presenta moitos erros.

Outro dos problemas é o etiquetado de idioma. En plataformas como Twitch non permiten indicar que a transmisión de contidos está feita en galego, polo que o filtrado por idioma é imposible no noso caso. Noutras redes, as usuarias e usuarios crearon cancelos propios para agrupar o contido no noso idioma e así facilitar as buscas [2].

Por último, no tocante á irrupción da Intelixencia Artificial, os resultados son diversos. Centrándonos na aplicación máis famosa de IA xenerativa que é ChatGPT baseado no modelo GPT 3.5, GPT 4 e GPT 4o o uso do galego é posible mais presenta diferentes erros na resposta. Dado o potencial que presenta a Intelixencia Artificial nos próximos anos, existen diferentes proxectos para que o galego non fique atrás tamén neste eido [3] [4] [5].


[1] Cal é o futuro da lingua galega na Internet…? Vale para as redes sociais ou as buscas en Google? (Galicia Confidencial, 2023). Fonte.

[2] Exemplo #tiktokengalego que agrupa todo o contido en galego no Tiktok. Fonte. Ou #engalego no Instagram. Fonte.

[3] Como evitar que o galego morra na rede: o Chat GPT e o Proxecto Nós. (Galicia Confidencial, 2023). Fonte.

[4] Proxecto Nos. Fonte.

[5] “Ola, Cabuxa”: así é o Chat GPT galego que deseñan na Coruña. (GCiencia, 2023). Fonte.

Deixa un comentario